Se no mes de xullo informabámosvos do traballo que viñamos desenvolvendo con  FSC-Inserta a través da rede territorial de  PRAXXIS  no Programa de Asistencia Técnica e Consultoría para o deseño de Proxectos de Emprendemento Sustentable, agora é o momento de facer balance deste ilusiónante periplo.

En primeiro lugar Algalia acompañou nos seus proxectos empresariais a 18 persoas con diversidade funcional (7 proxectos aínda están a finalizar) de toda Galicia en diversos sectores de actividade (servizos, produción, acuicultura …).

Nun primeiro momento canalizamos a súa idea empresarial a través da creación dun modelo de negocio baixo a metodoloxía  CANVAS no que se recollían os aspectos máis relevantes do mesmo.

A continuación desenvolvemos o modelo de negocio, mediante a construción do modelo de xestión que ten como obxectivo primordial determinar a viabilidade do mesmo. Para finalizar o proceso elaboramos conxuntamente con eles o Plan de Negocio como documento que aglutina todos os elementos desenvolvidos anteriormente e que serve como como guía para a implantación do proxecto e como presentación do mesmo fronte a terceiros.

En segundo lugar moitos deles aproveitaron este traballo para poder financiar o seu proxectos a través de diferentes liñas de axudas como a Convocatoria de Axudas ao Emprendemento 2017 ( POISES) da ONCE, subvencións da Xunta de Galicia e subvencións locais. En moitos casos, e dadas as necesidades de investimento do proxecto, leste era un elemento fundamental para poder levalo á práctica.

En terceiro lugar, comprácenos ver como algúns destes proxectos xa tiveron recoñecemento social a través de premios: www. farodevigo.es  ou recensións en diversos medios de comunicación da nosa comunidade: www.lavozdegalicia.es

En todo este proceso no que ao fin de contas, trátase de converter unha idea nun proxecto empresarial concreto, tivemos momentos de grandes avances pero tamén de certas dificultades. En calquera caso, contaxiámonos da súa ilusión e determinación e demostráronnos que, con talento, creatividade e traballo non hai reto que non se alcance.

Agradecer a todos os que fixeron posible este ilusiónante proxecto ( FSC-Inserta,  Praxxis, emprendedores e colaboradores) que nos permitiu achegar o noso gran de area ao mundo do emprendemento social e seguir aprendendo.

Angel Rodríguez
Consultor económico de Algalia S. Coop.

 

Voltar