95.º Día Internacional do Cooperativismo

95.º Día Internacional do CooperativismoNun momento no que a desigualdade das rendas crece en todo o mundo, é bo recordar que existen solucións para iso. O modelo de cooperativa destaca entre todas elas. A súa definición acordada a nivel internacional e o seu conxunto de principios e valores diferéncianas doutros formatos de organizacións de emprendemento. Devanditos principios establecen que a pertenencia a unha cooperativa está aberta sen discriminación a todas e todos os que acepten os requisitos de membresía.

Esa adhesión aberta permite o acceso á creación de riqueza e a eliminación da pobreza. Os resultados do principio cooperativo na participación económica das e dos membros que: “Contribúen de xeito equitativo ao capital da cooperativa e contrólano democráticamente”. Como as cooperativas están centradas nas persoas, non no capital, non perpetúan nin aceleran a concentración do capital e distribúen a riqueza de forma máis equitativa.

O acceso aberto que as cooperativas proporcionan esténdese a todos os sectores comerciais (empresas de aforro e crédito, agricultura e pesca, adquisición de bens e servizos, atención sanitaria, vivenda, seguros, prestación de servizos artesanais e industriais) aí onde o mercado baseado no capital non responde ás necesidades das persoas e estas elixen organizarse por si mesmas.

Máis aló da estrutura de non discriminación da propia cooperativa, as cooperativas tamén fomentan a igualdade externa a través do seu sétimo principio, “A preocupación pola comunidade”. Dado que están baseadas nas comunidades, comprométense ao desenvolvemento sostenible destas, en materia medioambiental, social e económica. Este compromiso se evidencia en todo o mundo no apoio das cooperativas ás actividades das comunidades, no uso de proveedores locais para beneficiar á economía local, e na toma de decisións tendo en conta o impacto sobre as comunidades.

Malia o seu enfoque nas comunidades, as cooperativas tamén aspiran a levar os beneficios do seu modelo económico e social a todas as habitantes do planeta. A globalización debe facerse mediante un conxunto de valores similar ao do movemento cooperativo; pola contra, xera máis desigualdades e excesos que a fan insostenible, tal e como vimos.

As cooperativas logran resultados non como organizacións benéficas, senón como organizacións emprendedoras de autoaxuda. Isto permitiulles crecer en magnitude, a través de estruturas federadas baseadas na comunidade e ofrecendo unha crecente variedade de servizos en resposta ás necesidades das e dos seus membros. O Observatorio de Cooperación Mundial informa que só as 300 cooperativas máis grandes son responsables de máis de 2,5 billóns de USD dos beneficios anuais. Máis de 250 millóns de persoas organizan o seu modo de vida a través de cooperativas. Isto supón creación e distribución de riqueza a un alto nivel de impacto. A pregunta sobre a escalabilidade das cooperativas respondeuse de forma aplastantemente afirmativa fai xa moito tempo.

Este impacto é un dos motivos polos que a UNESCO (a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) engadiu recentemente ás cooperativas á súa lista de patrimonio cultural intanxible da humanidade. A UNESCO estableceu a lista no 2003 para recoñecer que a experiencia humana non se define só por lugares e monumentos tanxibles, senón tamén por prácticas e tradicións. Un Estado Membro debe realizar a nominación, e Alemania presentou o caso do recoñecemento das cooperativas, subliñando que as cooperativas “loitan por un desenvolvemento máis xusto dos procesos de globalización”.

É importante sinalar que a desigualdade das rendas non é o único problema ao que se enfronta o mundo. As mulleres en concreto e os grupos minoritarios a miúdo ven como se lles denega o acceso a actividades esenciais para mellorar a súa situación de vida. A non discriminación definida nos principios cooperativos é multidimensional: de xénero, social, racial, política e relixiosa, o que garante que ninguén se quede atrás.

Neste Día Internacional das Cooperativas, a Alianza Cooperativa Internacional fai un chamamento ás cooperativas de todo o mundo para que reflexionen sobre a miseria causada polo aumento da desigualdade, para que volvan comprometerse a garantir a igualdade en todas as súas comunidades, e celebrar a contribución das cooperativas para facer do mundo un lugar mellor. A plataforma “Coops for 2030” (“Cooperativas para 2030”), ofrece ás cooperativas a posibilidade de comprometerse á implementación dos obxectivos de desenvolvemento sostible, e a Alianza Cooperativa Internacional anima a todas as cooperativas a que o fagan.

Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar