Algalia será entidade colaboradora en Ability4PALGALIA e ARETé-activa, empresa que ha deseñado Ability4P, acordaron colaborar en materia de avaliación e xestión por competencias, a fin de apoiar ás entidades do terceiro sector na xestión de competencias prevista no actual convenio colectivo de aplicación ao sector da discapacidade.

Ability4p é un servizo de apoio á avaliación e xestión por competencias que utiliza unha metodoloxía, unhas bases de datos e unha ferramenta web, sinxelas, áxiles, eficaces e válidas para todas as entidades, e que permite:

  • A avaliación das competencias profesionais dos postos de traballo, incluíndo a distintos observadores e con cuestionarios accesibles para persoas con discapacidade intelectual.
  • A obtención automática de informes exhaustivos de resultados da avaliación, analizados por cada evidencia, competencia e grupo de competencias avaliadas, de xeito numérica e gráfica, segundo os diferentes observadores participantes (autoavaliación, responsables, compañeiros, etc); realizando a comparación de resultados coa media do perfil avaliado na empresa e no conxunto de avaliacións do sector realizadas no mesmo aplicativo.
  • A conseguinte identificación de necesidades formativas.
  • A definición dun plan de formación e desenvolvemento profesional.

Con este servizo, Algalia, quere continuar coa súa misión de mellorar a calidade na xestión e organización do terceiro sector.

Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar