Algalia no IV Congreso do Terceiro Sector Social en Cataluña

Respiramos un aire “enriquecido polos cambios que se albiscan”, para non renunciar ao noso horizonte dunha sociedade con máis cohesión e benestar”. IV Congreso do terceiro sector de Cataluña.

A semana pasada estivemos no IV Congreso do Terceiro Sector Social de Cataluña, na cidade de Barcelona. Tivemos a oportunidade de presentar a aplicación informática +INTEGRA, que facilita a xestión dos procesos crave en entidades de discapacidade.

A presentación foi un éxito. O espazo elixido pola organización, foi o “Ágora de experiencias” onde nunhas mesas redondas en pequenos grupos, máis de sesenta entidades sociais expuxemos iniciativas exitosas, proxectos innovadores ou boas prácticas que se están levando a cabo dentro do Terceiro sector. O formato próximo e interactivo permitiu a xeración de conversacións que nos internaron no mundo das metodoloxías de traballo, a tecnoloxía, os éxitos e fracasos nas implantacións,…

Ademais da presentación da nosa experiencia, a participación no congreso serviunos para tomar un pouco o pulso á situación actual e sacar algunhas conclusións que aproveitamos para compartilas convosco:

  • Non imos descubrir nada novo, en relación a que o contexto cambiou, En canto ás estratexias, algunhas son novas e outras xa as coñeciamos, aínda que non foron suficientemente implantadas. Pero o que me parece significativo é o obxectivo último de manter “a non renuncia ao noso horizonte dunha sociedade con máis cohesión e benestar”
  • É posible que se poidan realizar valoracións críticas á misión do terceiro sector durante estes anos, que si se orientou máis aos servizos fronte a súa labor de incidencia política, pero o que si tiven foi a sensación, que no aquí e agora desta situación, o terceiro sector e cada unha das súas entidades han de desenvolver unha labor de incidencia política para converterse nun referente en políticas de cohesión social e benestar, en promover unha maior participación e compromiso, en revisar as fórmulas de financiamento e no establecemento de novas formas de relación coa administración pública.
  • Nun dos debates, sobre o reto de desenvolver entidades máis innovadoras, abordouse a innovación como un proceso, mediante o cal se converten ideas en accións, e que en moitas ocasións centrámonos demasiado na fase inicial de xeración de ideas e moito menos no resto de fases entre as cales atópase a valoración e desenvolvemento das mesmas. Outra das intervencións centrou a súa intervención sobre como “aprender a aprender” é dicir como axilizar os procesos de aprendizaxe. Para iso describiu como son os sistemas de innovación no sector farmacéutico, e que aprendizaxes se poderían trasladar para desenvolver innovación social no terceiro sector. Cando menos resulta curioso que vaiamos a outros sectores para así trasladar experiencias.
  • Nestes momentos con grandes problemas tamén están xurdindo grandes respostas, que poden ser novas ou non tan novas. O tempo dirá si eran consistentes e chegaron para quedarse, ou tan só foron un espellismo. En todo caso han de ser tidas en conta na situación actual e permitirannos aprender, reflexionar e experimentar para atopar alternativas. Destacaría o fomento de empresas sociais, financiamento ético e novos instrumentos de financiamento, internacionalización do terceiro sector, novas formas de colaboración entre terceiro sector-empresas-administración, etc

É complexa a situación actual. Son múltiples as estratexias que se nos presentan tanto en estudos como en congresos sobre o terceiro sector. É singular cada unha das nosas organizacións cos nosos recursos singulares, as nosas fortalezas singulares e as nosas debilidades singulares. E ante todo isto atópase tanto os órganos de goberno como a dirección das entidades, tratando de xerar unha resposta que ofreza sostenibilidade o seu proxecto. Cales serán as 2-3 pancas de cambio que orienten a estratexia neste período? É probable que a resposta sexa única para cada organización, pero si creo que hoxe máis que nunca se fai necesario abrirnos a outras entidades, abrirnos ao noso sector, abrirnos a outros sectores (ata ao sector farmacéutico)……… para así poder abrir a nosa mente e ao final decidir …. e si é posible decidir BEN.

Celso Gándara
Xerente de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar