Que é a entrevista de avaliación de competencias?

A entrevista de avaliación, adoita ser o momento no que se comentan os resultados da avaliación e no que se deben brindar pautas para a mellora de competencias elaborando plans específicos.? Moitas veces os traballadores que teñen unha competencia baixa , non comprenden exactamente o que se espera deles. Aclarar este punto, especificando áreas de acción e responsabilidades, mellora os resultados.

A entrevista é a clave do sistema de avaliación e, de non ser manexada adecuadamente, pode dar ao traste con el. O seu obxectivo fundamental é transmitir ao traballador as claves máis significativas sobre a súas competencias.

O obxectivo da entrevista é fundamentalmente, chegar a acordos co traballador, para que poida ter unha idea clara de como son a súas competencias comparado cos patróns, normas ou condutas esperadas. Polo tanto é importante;

  • Definir medidas de mellora.
  • Estimular relacións motivadoras máis fortes.
  • Eliminar ou reducir disonancias, ansiedades, tensións ou dúbidas.

As entrevistas son sesións de verificación das competencias que proporcionan aos traballadores feedback sobre a súa actuación no pasado e o seu potencial a futuro. O avaliador pode proporcionar esa retroalimentación mediante varias técnicas, entre elas:

O convencemento: Utilizada cos traballadores de pouca antigüidade, revísase os resultados e procúrase convencer ao empregado para que actúe de determinado xeito.

O diálogo: Se insta ao traballador a que manifeste as súas reaccións defensivas, escusas, queixas, proponse superar estas reaccións mediante asesoría sobre formas de lograr unha competencias mellor.

A solución de problemas: Identifica as dificultades que poidan estar interferindo nas competencias do traballador, e a partir de aí soluciónanse eses problemas mediante capacitación, asesoría ou recolocación.

A Entrevista de Avaliación debe ser un lugar común onde o avaliador e traballador exploran o pasado como base para construír un futuro mellor. Mediante o fincapé nos aspectos desexables das competencias por parte do traballador, o avaliador atópase en posición de brindar nova e renovada confianza na súa habilidade para lograr as súas metas. Este enfoque positivo tamén axuda ao empregado a facerse unha idea global dos aspectos fortes e a mellorar as súas competencias.

A sesión de avaliación das competencias conclúe centrándose nas accións que o empregado pode emprender a fin de mellorar áreas nas que a súa competencia non son satisfactorias. A entrevista de avaliación proporciona aos traballadores retroalimentación directamente relacionada coas súas competencias.

A Entrevista de Avaliación do Competencias é un tempo inestimable para construír unha boa relación entre o avaliador e o traballador, baseada na confianza e co espírito de mellóraa continua como pano de fondo da conversación.

Miguel A Barbosa
Socio Responsable da área de Consultoria de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar