Virando en Virada_EQUIPO

Cinco equipos de entidades do sector da Economía social están “a virar” cara á efectividade como equipo na segunda edición de VIRADA_EQUIPO.

O Equipo directivo de ACEESCA, o Equipo coordinador de áreas de ALENTO, o Equipo Coordinador de BATA, o Equipo interdisciplinar da Asociación A nosa Señora de CHAMORRO e o Equipo de profesionais do Centro ocupacional de EVD-Galicia fixéronse á mar. Desde o 7 de outubro de 2016 están embarcados no Programa VIRADA_EQUIPO co propósito de fortalecer o seu liderado na coordinación e dirección das súas entidades.

Xa se celebraron en Vigo dous do catro talleres previstos, e unha do catro sesións de coaching de equipo na sede de cada entidade.

Abordáronse temas como as competencias para desenvolver conversacións efectivas, a confianza para un traballo que equilibre a tarefa e a relación, ou a mirada sistémica para entender e intervir no que pasa nos equipos.

Este programa de adestramento en equipo finalizará en abril de 2017, e son 40 persoas as acompañadas polo equipo de 4 coach que forman profesionais de Fundación EDE e Algalia.

David Pereiro
Socio Consultor de Algalia Servizos para o Terceiro Sector

Voltar