Convocante
Instituto Galego de Promoción EconómicaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
As presentes bases regulan o contido e o procedemento de tramitación das axudas ao financiamento dos investimentos en Galicia por parte das pequenas e medianas empresas.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nestas bases os autónomos e aquelas empresas que teñan a consideración de microempresa ou pequenas ou medianas empresas calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se encontren na situación que motiva a concesión das axudas.