Convocante
Consellería de Economía, Emprego e IndustriaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública das subvencións para o financiamento das accións formativas para o emprego en unidades formativas nas empresas con compromiso de contratación e da actividade laboral asociada, dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas, a través dos seguintes programas:
- Programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata.
- Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata.
Beneficiarios
Poderán ser entidades beneficiarias as empresas calquera que sexa a forma xurídica que adopten que empreguen cincuenta ou máis persoas traballadoras en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.