Convocante

Consellería de Política Social e Igualdade

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2026 e con carácter plurianual, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións destinadas a financiar a contratación, por parte das entidades sen ánimo de lucro, de mulleres que sofren violencia de xénero, ao abeiro do disposto na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, ata un máximo de 12 mensualidades, para mellorar e facilitar a súa inserción laboral coa finalidade de apoiar a recuperación e a integración social e laboral destas persoas.

Beneficiarios

Poderán ser entidades beneficiaras das subvencións:

  1. As entidades sen ánimo de lucro.
  2. As cooperativas sen ánimo de lucro, segundo o establecido na disposición adicional cuarta da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, que acrediten o cumprimento das previsións da dita lei respecto dos topes máximos de traballadores ou traballadoras por conta allea.

Observacións

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes e comezará a computar transcorridos 5 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Voltar