En 2025, coincidindo co 30 aniversario de Algalia, a entidade levou a cabo unha ampliación da sociedade incorporando a catro novos socios. Merchi González, que forma parte da área de Asesoría desde hai anos, é unha deles, e así afronta esta nova etapa:

“Tomar a decisión de continuar adiante como socia cooperativista de Algalia foi por un lado bastante doado, previamente tivemos varias xuntanzas para todo o persoal onde se puxeron en común dúbidas e información sobre o proceso… Así que eso axudou a tomar a decisión con maior coñecemento e confianza.

Por outro lado, non deixaba de ser complicarse un pouco a vida, xa que a marcha de Algalia, para ben ou para mal, está agora máis ligada que antes á miña propia traxectoria.

Que Algalia sexa unha cooperativa, é un dos motivos que me levou a querer formar parte da entidade. E ao mesmo tempo supón unha responsabilidade maior. Esta forma de organizarse é bastante descoñecida, pero ten uns valores que non teñen outros modelos de empresa.

As cooperativas teñen un funcionamento democrático e están rexidas por principios de solidariedade, honestidade e transparencia. Paréceme imprescindible que hoxendía existan e se prioricen este tipo de organizacións. E a traxectoria de Algalia é a proba, despois de 30 anos, de que é posible organizarse e levar a cabo proxectos con estes principios. Por suposto que haberá cousas que mellorar e mudar, pero está ben formar parte do proceso.”

 

Merchi González, asesora laboral.

Área Asesoría. Algalia, Servizos para a Economía Social.  Vigo.

 

Voltar