ACCOUNTEX España 2025, o evento de referencia para despachos profesionais, asesorías e empresas, celebrou a súa cuarta edición do 5 ao 6 de novembro no Recinto Feiral de IFEMA MADRID. Ata alí desprazouse parte do persoal de Algalia, representada por Marta Armada, Jorge Rodríguez e Celso Gándara, responsables de Asesoría e dos servizos laborais e económicos, para comprobar de primeira man as principais novidades en desenvolvementos tecnolóxicos no sector de despachos profesionais.
Na edición deste ano, ACCOUNTEX España puxo o foco na adaptación acelerada e a transformación profesional, destacando:
- Adaptación normativa e factura electrónica: Dominio de software de xestión para o cumprimento estrito da nova facturación, incluíndo Verifactu.
- Intelixencia Artificial (IA), automatización e ciberseguridade: Integración da IA para unha xestión máis eficiente, ademais do fortalecemento da protección de datos na era da dixitalización total.
A participación de Algalia en ACCOUNTEX ESPAÑA 2025 reafirma a súa aposta clara pola incorporación de tecnoloxía que mellore a colaboración entre cliente e despacho profesional, dado o incremento de necesidades das entidades na xestión tanto de persoas como económicas. Para o persoal de Algalia, a integración de aplicacións e equipos será un dos retos de futuro na relación despacho profesional e cliente.
A irrupción da IA é unha realidade xa presente nos procesos dos equipos de asesoramento de Algalia. Por iso, esta visita confirmou a adecuación dos seus principais provedores tecnolóxicos en materia de aplicacións de xestión e de coñecemento, con quen se reforzará a relación de alianza que permite adaptar estas aplicacións ao sector da economía social, en xeral, e ao terceiro sector, en particular.
