Segundo a enquisa realizada por Algalia aos seus clientes no primeiro trimestre de 2025, correspondente ao ano 2024, o grao de satisfacción global respecto aos seus servizos acada os 4,5 puntos sobre 5, mantendo este párametro dende 2020 e medrando un punto dende entón.

Das 280 enquisas enviadas, 115 foron respostadas, o que supón o 41% de participación, sendo as cuestións mellor puntuadas a profesionalidade do asesor, cun 4,7; e a calidade da documentación, o cumprimento de prazos e a acesibilidade e rapidez de resposta do asesor, cun 4,6.

O resto das catorce cuestións que os clientes puideron puntuar foron: comprensión das súas necesidades, involucración do asesor ante cambios no servizo, achega de propostas durante a prestación do servizo, aplicación de coñecementos e enfoques avanzados, cumprimento dos obxectivos iniciais, relación prezo-valor achegado ou satisfacción global co servizo de Algalia. Todas rexistraron unha puntuación entre o 4,2 e o 4,8.

Os comentarios recollidos ao final das enquisas reforzan a imaxe positiva que os clientes teñen do servicio prestado por Algalia. Estes son algúns exemplos:

“O persoal do servizo mostra gran profesionalidade e unha excelente disposición. Parabéns”

“Que dicir, impecable. Profesionalidade, empatía, respostas rápidas e comprensibles. A seguir traballando así, de 10.”

“Grazas pola paciencia e respeto polos ritmos de AMIPA. Grazas polas conversas sobre a importancia de traer sistemas que contribúan a ordenar una organización.”

Non obstante, malia os bos resultados da enquisa de satisfacción, dende os diferentes servizos de Algalia detectáronse áreas de mellora nos que xa se ten comezado a traballar. Grazas a un proceso de análise interna en estreita comunicación e colaboración cos clientes, se deseñarán novas estratexias de negocio que se implantarán antes de que termine este ano.

Voltar