Este 31 de xaneiro de 2025, Algalia acada a madurez como entidade ao servizo da economía social.
Non todos os grandes proxectos comezan nun garaxe de Silicon Valley; algúns comezan na sala dun pequeno hospedaxe no centro de Vigo. Como podedes imaxinar, estou a falar dos primeiros pasos de Algalia. Xa fai máis de 30 anos desde entón e, pechando os ollos e tratando de visualizar os recordos de todo o vivido, tanto persoal como profesionalmente, gustaríame compartir convosco todo o que creo que Algalia ten aportado á miña experiencia ata o día de hoxe.Dende o punto de vista persoal, é difícil imaxinar o meu camiño sen os valores e as emocións que acompañaron este proxecto ao longo dos anos. Moita ilusión, amizade, solidariedade, esforzo, empatía, alegría e tamén, en certos momentos, cansazo, decepción, frustración, tristeza e medo… Así é como Algalia medrou con nós ao longo destas décadas.
Dende un punto de vista profesional, nacemos como un proxecto innovador de autoemprego e creo que sempre mantivemos esa esencia. Para iso, tivemos que ser curiosos, creativos, valentes, traballadores, profesionais e, sobre todo, estar en constante aprendizaxe, desaprendizaxe e redescuberta.
Son xa trinta anos prestando servizos nos que crecemos por dentro e por fóra, en volume de persoal, pero tamén no número de clientes que cada día confían en nós para que lles asesoremos na toma de decisións no ámbito sociolaboral e económico e, ademais, acompañando e facilitando procesos de transformación organizacional. Treinta anos perseguindo o reto de adaptarnos ás distintas necesidades dos nosos clientes que foi evolucionando co paso do tempo e da dimensión adquirida.
Penso que todo o que acabo de compartir convosco é razón dabondo para celebrar estes 30 anos de Algalia e o xermolo de moitos máis. Por iso, este ano en Algalia tamén preparamos accións especiais que nos representen como entidade pioneira neste sector, e que pretendemos que acheguen á nosa contorna inmediata. Entre elas destacamos:
- Programaremos visitas especiais a algunhas das organizacións coas que traballamos para que o noso persoal coñeza de primeira man a súa realidade, e viceversa.
- Realizaremos ao longo do ano o I Informe Algalia sobre as perspectivas do sector 2025-2026, en colaboración coa Universidade de Vigo, e presentarémolo en 2026 nun gran evento do que, esperamos, tamén formes parte.
Animámosche a acompañarnos nesta celebración os próximos doce meses, nos que coñecerás, a través das nosas canles, opinións, historias e anécdotas da nosa traxectoria, e do que aínda nos queda por explorar.
Ángel Rodríguez, presidente do Consello Reitor de Algalia.