Convocante
Concello de FerrolPublicación
Boletín Oficial da Coruña
Obxecto
O Premio Solidario Cidade de Ferrol ten como obxecto principal premiar os esforzos de iniciativas e proxectos desenvolvidos no ámbito da solidariedade, a cooperación e o voluntariado, establecéndose dúas categorías:
- A primeira, cunha dotación económica anual de 6.000 euros, que premie a posta en marcha, ampliación ou continuación de proxectos solidarios e no eido do voluntariado que se desenvolvan nun contexto local, é dicir, no ámbito do Concello de Ferrol.
- A segunda, cunha dotación económica anual de 4.000 euros, que premie a posta en marcha, ampliación ou continuación de proxectos solidarios no eido da cooperación internacional e dentro do ámbito da protección dos dereitos sociais básicos (saúde, educación, alimentación, hábitat e auga e saneamento básico) das persoas e colectivos máis vulnerables.
Beneficiarios
Serán consideradas como candidatas obxecto deste premio:
- Entidades sociais, consideradas como tal as asociacións, ONG, fundacións… que cumpran os seguintes requisitos:
- Estar legalmente constituídas e rexistradas no Rexistro Municipal de Entidades Cidadáns do Concello de Ferrol
- Non ter carácter lucrativo.
- Estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social
- Non estar incursas en causas de prohibición, incapacidade ou incompatibilidade establecidas nos artigos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003 de 17 de novembro xeral de subvencións.
- O proxecto axustarase aos obxectivos da Área de Solidariedade, Cooperación e Voluntariado.
- Persoas físicas que cumpran os seguintes requisitos:
- Ser maior de 18 anos e estar empadroado no Concello de Ferrol
- Estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
- Non estar incursas en causas de prohibición, incapacidade ou incompatibilidade establecidas nos artigos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003 de 17 de novembro xeral de subvencións.
- O proxecto axustarase aos obxectivos da Área de Solidariedade, Cooperación e Voluntariado.
- Cada entidade ou persoa física poderá presentar ata un total de dous proxectos, para a mesma ou distinta categoría, e valoraranse de xeito individual e independente cada un deles.