Dende outubro e durante os vindeiros meses, Algalia colabora coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) na execución do proxecto de Aprendizaxe-Servizo cos alumnos da materia “Dirección Financeira II” de 4º curso do Grao en Administración e Dirección de Empresas (ADE), impartido pola profesora Loreto Fernández.

A ApS (Aprendizaxe-Servizo) é unha metodoloxía docente na que os estudantes fan un traballo académico computable para nota final, ao mesmo tempo que desenvolven un informe económico-financeiro para as entidades colaboradoras cos coñecementos adquiridos nas aulas.

En verbas da súa profesora, Loreto Fernández, esta metodoloxía “vincula moito máis a aprendizaxe á realidade empresarial máis próxima, e lles achega a modelos de negocio menos vistos nas aulas, como os da Economía Social”.

Para Algalia, o informe final deste proxecto de Aprendizaxe-Servizo achegaralles unha análise diferente do estado económico financeiro dos últimos exercicios pechados da que poderán extraer conclusións e melloras para incorporar no exercicio actual.

Voltar