Virada cambia vidasXa o di a nosa compañeira Sandy Cebral, educadora social en AMIPA: “VIRADA cambia vidas”.

Por iso, un ano máis, VIRADA preséntase como unha proposta consolidada de calidade non só para entidades de economía social e do terceiro sector, senón para todas aquelas que queren desenvolver o liderado positivo e a mellora do rendemento das súas persoas e equipos.

Hoxe, 23 de setembro, ábrese o prazo de inscrición para unirse á VII Edición de VIRADA Equipos, e á IX Edición de Virada Liderado, en 2025.

Cal das especialidades do Programa VIRADA interésame a min ou ao meu equipo?

 

VIRADA LIDERADO

propósito de VIRADA Liderado é contribuír a que persoas con responsabilidades directivas ou de coordinación de equipos, responsabilidades en exercicio ou futuras, adquiran competencias estratéxicas, interpersoais e persoais que as capaciten para o desenvolvemento dun liderado máis efectivo.

Entre febreiro e xuño de desenvolveraseIX Edición, na que ALGALIA continuará contando coa colaboración de Fundación EDE, e a contribución de Caldaria Arnoia e a  Cidade da Cultura de Galicia para o desenvolvemento das actividades

A participación está aberta a soamente 25 persoas, e o  prazo de inscrición termina el 14 de febreiro de 2025.

Pode cubrir a ficha de inscrición AQUÍ .

Consulte toda a información detallada AQUÍ .

 

VIRADA EQUIPOS

O propósito de VIRADA Equipos é contribuír a que equipos naturais de organizacións da economía social, e empresas en xeral, desenvolvan competencias de liderado compartido e desempéñense con maior efectividade.

Está aberto a equipos de dirección dunha entidade, equipos técnicos, equipos de proxecto, equipos de centro ou servizo, unha xunta directiva dunha asociación, o padroado dunha fundación, un consello reitor dunha cooperativa, un equipo de innovación dunha organización, etc…

Entre febreiro e xuño de 2025 desenvolverase a VII Edición do Programa, na que ALGALIA continuará contando coa colaboración de Fundación EDE, e a contribución de Caldaria Arnoia e a Cidade da Cultura de Galicia para o desenvolvemento das actividades.

Lembra inscribir ao teu equipo antes do 14 de febreiro de 2025 contactando co responsable do programa, David Pereiro, no correo [email protected] ou no teléfono 687 87 94 14. A participación está aberta a soamente 5 equipos!

Podes consultar toda a información detallada AQUÍ.

Non deixes que cho conten, VIRADA é unha experiencia para vivila. Esperámosche dentro!

Voltar