Convocante

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Estas axudas teñen por obxecto favorecer a contratación de persoas desempregadas na empresa ordinaria (e entidades sen ánimo de lucro), especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral, coa finalidade de seguir paliando os prexuízos económicos sobre o mercado de traballo, derivados dos efectos da pandemia provocada pola COVID-19 e agravados pola invasión de Ucraína por parte de Rusia, a través de dúas liñas de axudas:

  1. A liña de incentivos á contratación por conta allea que inclúe catro modalidades de axudas:
    • Incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas.
    • Incentivos ao incremento de xornada das contratacións indefinidas, de tempo parcial a tempo completo.
    • Incentivos ao incremento da duración anual dos contratos fixos-descontinuos a un mínimo de 9 meses.
    • Axudas para a adaptación de postos de traballo de persoas con discapacidade.
  2. A liña de incentivos ás accións formativas no centro de traballo, de carácter opcional, dirixida ás persoas contratadas mediante contratación indefinida inicial por medio desta orde.

Beneficiarios

Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde. Tamén poden ser beneficiarios dos incentivos os centros especiais de emprego, excepto para subscribir contratos con persoas con discapacidade, e as empresas de inserción laboral, excepto para subscribir contratos con persoas en situación o riesgo de exclusión social.

 

 

Voltar