Convocante

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión de subvencións a aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a condición de editoras, de acordo co establecido nesta orde.

A finalidade é subvencionar os custos da tradución das diferentes obras literarias en formato papel ou dixital para apoiar o libro galego e o mercado literario galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para a tradución aquelas persoas, físicas ou xurídicas, que acrediten a súa condición de editoras de acordo co establecido nesta orde.

Voltar