Xa está dispoñible unha nova actualización do Ontimize+Integra. Con esta nova actualización, soluciónanse problemas menores incorporando melloras que fan mais agradable e funcional a experiencia de uso.
As melloras funcionais contidas na nova actualización son;
- Actualización do log do programa, con arranxo á LOPD.
- Creación dun novo perfil denominado familia, para que a familia poida acceder á aplicación e facer un seguimento de todo o relacionado co usuario.
- Aplicouse un “look and feel” na aplicación, o que lle dá un novo aspecto e mellor comportamento á aplicación, xerando ademais, unha contorna mais amigable.
- No apartado de Entidade, xerouse un novo xestor de arquivos que permite poder depositar e xestionar os diferentes documentos da organización.
- Xeráronse novos accesos directos a clientes, plans individuais, valoracións, acompañamentos e familias.
- Mellorouse a funcionalidade de horarios, o que permite xerar excepcións desde un único horario, tanto para servizos como para traballadores.
- Xerouse un novo informe predefinidos de contratos, permitíndonos coñecer de maneira áxil e sinxela, que tipos de contratos dispomos por servizo e próximas finalizacións dos mesmos.
- Ademais, estamos a traballar nun novo modulo que permitirá facturar desde o +integra.
Esperamos que estas melloras axuden a mellorar a experiencia ontimize+Integra
Miguel Barbosa
Socio Responsable do área de Consultoría de Algalia Servizos para o Terceiro Sector