AVANTE 3, unha asociación sen ánimo de lucro, constituída en 1994, que traballa pola defensa dos dereitos das persoas con discapacidade intelectual e a súa inclusión social, apostou por Algalia para acompañala na implantación da aplicación Ontimize +integra.

Ontimize +integra é unha ferramenta sinxela, áxil e intuitiva, adaptada ás necesidades compartidas dos profesionais das entidades que traballan con persoas con discapacidade, e que está en continua evolución.

Ontimize +integra ao estar vinculado ao kit dixital, facilitou que Avante 3 puidese beneficiarse das vantaxes que proporciona dita subvención.  No seu caso, axudaralles a mellorar na eficacia dos seus procesos, vinculados principalmente ás persoas con discapacidade intelectual, as súas familias, e o equipo humano que forma Avante3.

Voltar