A área de Consultoría de Algalia formará parte do Programa “Impulsando a sustentabilidade nas entidades de Plena Inclusión” organizado pola Confederación Plena Inclusión España, co fin de implementar melloras a curto prazo cun impacto significativo no desenvolvemento das organizacións.

Trátase da segunda edición deste programa de fortalecemento de organizacións realizado en 2022 e na que este ano participarán máis de cen entidades situadas en toda España.

En concreto, Algalia acompañará aos participantes en dous dos itinerarios de sustentabilidade xerais ofrecidos na formación: Xestión orzamentaria, e Dirección e Xestión de persoas. O resto de contidos temáticos son:

  • Aplicación práctica dos Sistemas Aumentativos e Alternativos de Comunicación (SAAC).
  • Apoio Conductual Positivo.
  • 6 claves para afondar na captación de fondos privados.
  • Formulación de proxectos.
  • Desenvolvemento de persoas.
  • Alianzas e espazos de colaboración multiactor.
  • Transición ecolóxica.
  • Dirección estratéxica e contexto.
  • PlanteXA, para mellorar os apoios que reciben as persoas con TEA en organizacións de Plena inclusión que non foron creadas para dar apoio ás persoas con TEA.

Cada itinerario de sustentabilidade xeral componse de seis sesións de traballo en liña, de 90 minutos de duración, e nel participarán entre seis e dez entidades, polo que será un proceso de aprendizaxe compartida.

Se queres coñecer máis detalles sobre este programa podes seguir esta ligazon

Voltar