A finais de marzo finalizou a II edición de VIRADA Profundización, o curso que dá continuación a VIRADA Liderado e que conta coa acreditación académica de Mondragon Unibertsitatea.

Nos dous meses de traballo que abarca a formación, desde xaneiro ata marzo, as persoas participantes realizaron dúas prácticas académicas de reflexión sobre lecturas programadas; compartiron ensinos e avances en dúas comunidades de aprendizaxe autoxestionadas, e dispuxeron de dúas sesións de coaching cos profesionais que forman parte do Equipo VIRADA. Os dous talleres presenciais, que ocuparon catro xornadas neste período de formación, tiveron lugar en Caldaria Laias (Ourense).

Ao rematar VIRADA Profundización, as persoas participantes teñen a oportunidade de continuar o seu itinerario formativo no Máster de Coaching de persoas e equipos de Mondragon Unibertsitatea, aínda que non é de carácter obrigatorio

En si mesmo, o propósito do Curso de nivelación para acceder ao Máster en Coaching de Mondragon  Unibertsitatea (VIRADA Profundización) é afondar nas competencias traballadas en VIRADA Lideradoo, pechando, desta maneira, un  ciclo de formación orientado ao desenvolvemento do exercicio do liderado nas organizacións.

Esta segunda edición de VIRADA Profundización contou coa participación de 10 persoas que xa cursaron VIRADA Liderado, con responsabilidades de dirección ou de xestión de equipos nas seguintes organizacións: : ACEESCA, AGACA, AIRA, ALENTO, AVELAIÑA, EVD GALICIA, LA RUECA, SAN XEROME.

Voltar