Convocante
Concello de PoioPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
Estas subvencións teñen a finalidade de contribuír a que as entidades sen ánimo de lucro acaden os obxectivos que lles son propios no tocante ao fomento da participación activa da cidadanía e á celebración e conservación de eventos lúdicos xurdidos da iniciativa popular e, en consecuencia:
- Impulsar a creación e difusión da oferta cultural.
- Conseguir unha cidadanía participativa e transformadora do seu contorno, cara á consecución da mellora da súa calidade de vida e a cohesión social do municipio.
- Fortalecer o tecido asociativo que traballa no ámbito lúdico e sociocultural.
- Fomentar valores sociais na cidadanía, a través do desenvolvemento de actividades lúdicas.
- Dar resposta ás demandas sociais en relación á creación de eventos e espazos para a convivencia lúdica e a recreación.
- Poñer en valor o patrimonio inmaterial propio do noso municipio (costumes, tradicións, etnografía, crenzas e mitos).
- Favorecer a cooperación entre o sector público e a cidadanía no desenvolvemento de programas de actividades lúdicas que complementen e/ou suplan aquelas de competencia municipal.
Beneficiarios
Terán a consideración de entidade beneficiaria das subvencións reguladas nas presentes bases todas as asociacións e entidades validamente constituídas, con enderezo social no municipio de Poio, que realicen actividades de carácter lúdico de acordo coas presentes bases, e cumpran os seguintes requisitos:
- Carecer de fins de lucro.
- Estar debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Poio no momento en que finalice o prazo de presentación de solicitudes, mantendo os seus datos actualizados.
- Non ter pendente de xustificación ningunha subvención ou axuda ante o Concello de Poio para o mesmo obxecto para o que se solicita a subvención.
- Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas, co Concello de Poio e coa Seguridade Social.