Convocante
Ayuntamiento de Porto do SonPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
Estas bases teñen por obxecto regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións dirixidas ás Asociacións de Mulleres do Concello de Poio que desenvolvan proxectos, programas e actividades para promover a igualdade entre homes e mulleres e para a loita contra a violencia machista durante o ano 2023, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres de Poio.
Beneficiarios
Terán a consideración de entidades beneficiarias das subvencións reguladas nas presentes bases todas as asociacións de mulleres validamente constituídas e aquelas outras asociacións que acrediten legalmente ter unha área de intervención e orzamento en materia de muller e/ ou igualdade, e cumpran os seguintes requisitos:
- Carecer de fins de lucro.
- Estar debidamente inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Poio, mantendo os seus datos actualizados.
- Formar parte do Consello Municipal da Muller.
- Participar nas campañas do 8 de marzo e do 25 de novembro e naquelas outras ás que sexan convocadas polo Consello Municipal da Muller.
- Non ter pendente de xustificación ningunha subvención ou axuda ante o Concello de Poio para o mesmo obxecto para o que se solicita a subvención.
- Non ser beneficiarias doutra subvención para a mesma finalidade e/ou obxecto con cargo ao orzamento do Concello de Poio.
- Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas, co Concello de Poio e coa Seguridade Social.