Convocante

Deputación Provincial de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Estas subvencións van dirixidas a financiar ás entidades que organicen festivais ou certames cinematográficos de prestixio que teñan lugar na provincia de Pontevedra e que lles dediquen unha especial atención á programación e difusión do cine galego e ás demais variantes lingüísticas de produción e que reúnan os requisitos establecidos na base cuarta da convocatoria.

Beneficiarios

Serán beneficiarias destas axudas as entidades que carezan de fins de lucro, desenvolvan as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra, non estean incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para percibir subvencións públicas, non estean incursas en ningunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei e que estean ó corrente coas obrigas tributarias, coa Seguridade Social, coa Facenda estatal, coa autonómica e coa Deputación de Pontevedra.

Voltar