Convocante
Deputación Provincial de PontevedraPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
Estas bases teñen por obxecto aprobar a convocatoria de 2023 do programa “Conectadas” a través do cal as entidades interesadas poderán seleccionar unha das accións formativas do catálogo ofertado.
O programa “Conectadas” ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para fomentar as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuír a favorecer a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo, e reducir a fenda dixital mediante a utilización da información e das novas tecnoloxías.
Beneficiarios
Este programa vai destinado a asociacións, federacións e fundacións sen fins de lucro da provincia de Pontevedra, ou que conten cunha delegación nela, que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres e que apoien o seu desenvolvemento e apoderamento, o seu tecido asociativo e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
As entidades solicitantes deberán cumprir os requisitos previstos nesta convocatoria tendo en conta as instalacións e os equipamentos dos que dispón e as necesidades para cada acción formativa.
Observacións
O prazo de presentación de solicitudes será do 1 de febreiro ao 1 de marzo de 2023