Convocante
Axencia Instituto Enerxético de GaliciaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
O obxecto destas axudas é a realización de proxectos de mellora enerxética, destinadas a pemes e autónomos con actividade económica no campo do comercio, hostalaría, artístico-recreativo e outros servizos, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran os requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución (código de procedemento IN417Z).
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as seccións do Sector servizos CNAE 2009.