Os días 24 e 25 de novembro celebrouse en Bilbao o X Congreso de Contabilidade Social co obxectivo de promover o debate e a reflexión interdisciplinar sobre a función social das organizacións.

Nesta edición, o programa do congreso abordou as múltiples contribucións que a contabilidade social achega á sustentabilidade nas organizacións, e nas ponencias abordáronse as diferentes experiencias innovadoras e casos de éxito na súa aplicación.

Agalia, como vén sendo habitual en edicións anteriores, participou activamente no Congreso. Nesta ocasión, o noso consultor Ángel Rodríguez moderou unha das sesións para entidades singulares, na que participou a Fundación Cidade da Cultura. Nela explicou a súa experiencia na construción do modelo de cálculo do valor social que a Fundación levou a cabo acompañada por Algalia, LKS e a Universidade de Deusto.

Voltar