Saír por un momento da contorna laboral rompendo coas rutinas, e deixar entrar novas visións e experiencias a través da experiencia compartida con outros compañeiros e compañeiras, permite ás persoas participantes en VIRADA traballar con profundidade o seu desenvolvemento persoal e renovar a súa mirada sobre a organización e a súa achega a ela.
O Hotel Balneario Arnoia Caldaria convértese no escenario perfecto para compartir estas experiencias de equipo e liderado en mans das coach de VIRADA: Ander e Itzi, de EDE Fundazioa, e Miguel Barbosa, Begoña Suárez e David Pereiro, de ALGALIA.
Escoita o que Mabel Sampedro, responsable de Trasferencia e Innovación de IDIS, Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, ten que dicirche sobre a organización deste Programa.
VIRADA é o referente no que ALGALIA, en colaboración con outras entidades, como Fundación EDE y Mondragon Unibertsitatea, agrupa as súas propostas de acompañamento a persoas, equipos e organizacións.
Lembra que, neste momento, VIRADA articúlase como programa en dúas iniciativas principais:
- O desenvolvemento do liderado directivo de persoas, VIRADA Liderado.
- O desenvolvemento da efectividade de equipos de traballo, VIRADA Equipos.
Consulta as características de cada un e inscríbete antes do 17 de febreiro de 2023.