No mes de novembro, no servizo de Consultoría de Algalia rematouse a elaboración dos Plans de Negocio e Viabilidade para os proxectos de crecemento que a Fundación Juan XXIII e o centro especial de emprego Aceesca Emprego, S.L. queren levar a cabo no Lago Castiñeiras (Pontevedra) e nas Gándaras de Budiño (Pontevedra) respectivamente.

Partindo en ambos casos da cesión destes espazos, a Fundación Juan XXIII articula, no complexo existente no antigo centro de recuperación de aves e fauna do Lago Castiñeiras, un proxecto de desenvolvemento baseado en tres eixos: formación e inserción sociolaboral de persoas con discapacidade, protección e coidado do medioambiente, e desenvolvemento local.

Pola sua banda, Aceesca Emprego, S.L. vai aproveitar o espazo cedido para dimensionar as actividades actuáis do CEE (Xardinería e Limpeza) e a creación dunha escola de formación para persoas con discapacidade intelectual.

Dende o mes de abril, os consultores de Algalia acompañaron periódicamente a ambas entidades para construir un modelo de negocio axeitado para cada proxecto, determinar a súa viabilidade económica e financeira, e calendarizar a súa implantación.

Froito deste proceso elaborouse un Plan de Negocio que servirá internamente dende este momento para establecer as accións e medios necesarios e, externamente, para difundilo e obter recursos para o seu desenvolvemento.

Voltar