Convocante

Concello de Sober

Publicación

Boletín Oficial de Lugo

Obxecto

A presente convocatoria ten por obxecto o establecemento de axudas económicas para que os seus destinatarios realicen as actividades seguintes:

  1. Promoción de actividades culturais: enténdense por elas actividades tales coma celebracións, homenaxes, exposicións, publicacións, concursos, certames, mostras, excursións, eventos musicais, eventos deportivos, encontros, conferencias, estudios, e, en xeral, calquera actividade de conservación, promoción e divulgación dos valores culturais.
  2. Promoción de festexos populares: as axudas deste apartado cofinanciarán actividades de carácter festivo realizadas por entidades cidadás, que teñan carácter tradicional e cultural, e con posibilidade de acceso ao público en xeral, sen pago de entrada.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións previstas nas presentes bases as persoas ou entidades, públicas ou privadas xurídicamente constituídas, así coma as agrupacións de persoas físicas e xurídicas sen personalidade xurídica constituídas para a consecución dos fins sinalados coma subvencionables, e que cumpran as seguintes condicións:

  • Carecer de fins de lucro.
  • Desenvolver as súas actividades no termo municipal de Sober.
  • Non ter pendente de xustificar ningunha subvención concedida polo Concello de Sober.
  • Non estar incursas en ningunha das causas de incompatibilidade ou prohibición das mencionadas no artigo 13 da LXS.
  • Ademais, salvo no caso das agrupacións sen personalidade xurídica, será requisito para a concesión da subvención, estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Sober
Voltar