Angel Rodríguez forma parte de Algalia desde 1999, polo que foi testemuña da evolución da entidade ao servizo da economía social desde a súa creación. É presidente do Consello Reitor de Algalia desde 2020.

1.- Cal é o principal papel de Algalia para as entidades coas que traballa?

Acompañalas e axudalas a mellorar, nun ámbito tan complexo como é a súa xestión e dirección. Por unha banda, dando solucións aos requirimentos e asesorando á dirección nos ámbitos da súa xestión económica e laboral cotiá e, por outro, achegando valor e solucións ás necesidades de desenvolvemento organizativo que xorden no seu crecemento.

2.- Que labor xogan as entidades do terceiro sector na sociedade ante o panorama actual dos fondos de recuperación e que retos asumen de cara ao futuro?

Os novos fondos de recuperación e en concreto o PERTE da Economía Social e dos coidados constitúen un fito histórico para o sector e van achegar os recursos necesarios para impulsar o seu crecemento e o seu peso dentro da economía do país.

Para as entidades constituirán unha gran oportunidade e o seu reto principal será aproveitar os recursos que procederán destes fondos para consolidar o seu crecemento mediante o desenvolvemento de proxectos individuais, ou buscando sinerxias para abordar proxectos conxuntos.

A transición dixital, a transición enerxética, o desenvolvemento de servizos no ámbito dos coidados e centrados nas persoas, serán pancas sobre as que se asentarán as oportunidades de transformación do sector.

Estas oportunidades serán reais e efectivas na medida en que sexan realizadas desde organizacións sostibles, e cos recursos organizacionales e metodolóxicos orientados e sensibles ao cambio.

3.- A nivel interno, que papel realiza o consello reitor dentro dunha organización como Algalia?

O Consello Reitor de Algalia é, por definición, o órgano de xestión, representación e goberno da entidade. Isto convérteo en actor principal no desenvolvemento corporativo da organización e o responsable último da toma de decisións na súa xestión. Pode parecer que o Consello Reitor non teña moita presenza na actividade interna pero, en realidade, está detrás das decisións máis importantes da organización.

Voltar