David Pereiro, consultor de estratexia en  Algalia, acompaña desde abril a Misiones Salesianas nun proceso de reflexión estratéxica  que se recollerá no Plan estratéxico da entidade 2023-2026.

Nun proceso de consultoría que ocupará 7 meses de traballo, todo o equipo humano da entidade, que conta con proxectos de cooperación internacional e atención a misións salesianas en máis de 130 países do mundo, participará nun proceso participativo no que se desenvolverán as seguintes fases de traballo:

  1. Preparación e lanzamento.
  2. Análise estratéxica.
  3. Desenvolvemento da estratexia e formulación de obxectivos.
  4. Redacción do Plan estratéxico 2023-2026.

Misiones Salesianas é unha entidade relixiosa cristiá, pertencente á Congregación Salesiana cuxa misión é fortalecer e acompañar a actividade misioneira de promoción, protección e educación da infancia e mocidade para favorecer o seu desenvolvemento integral, con especial atención aos máis vulnerables nos países empobrecidos, promovendo o compromiso solidario das persoas con fin de facelas copartícipes da misión e xerar cambios para transformar a sociedade.

Para máis información, premer neste enlace.

Voltar