Algalia acaba de rematar a primeira fase de implantación do Programa Microsoft 365, iniciado en novembro de 2021 e cuxo fin se prevé para outubro de 2022.

O obxectivo principal de incorporar o Programa Microsoft 365 ao seu sistema é fomentar contornas colaborativas dentro dos equipos de Algalia, aumentando a produtividade nos procesos. A xestión do noso persoal co cliente tamén sairá beneficiada, o cal se traducirá nun mellorado servizo externo. Este avance forma parte do conxunto de medidas que a entidade está a tomar no seu proceso de dixitalización previsto para este ano.

O cambio de servidor e a renovación de equipos informáticos, levado a cabo recentemente, completan esta misión corporativa: dotarse de recursos e infraestruturas tecnolóxicas adecuadas e seguras para o desenvolvemento do seu negocio a favor dos seus clientes.

Voltar