Convocante

Axencia Galega das Industrias Culturais

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

A finalidade destas axudas é apoiar á creación de obras audiovisuais con decidida vocación artística e cultural e, en concreto, a escrita de guións e a realización de curtametraxes a cargo de creadores/as individuais, e a posprodución de curtametraxes e realización de longametraxes e webseries a cargo de empresas individuais ou produtoras.

Beneficiarios

  • Poderán ser beneficiarias destas axudas todas as persoas físicas residentes, cando menos durante un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea.
  • Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas autónomas ou xurídicas que estean constituídas como produtoras independentes no momento de presentaren a solicitude e sexan residentes, cando menos durante un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea.
Voltar