Convocante

Deputación Provincial de Pontevedra

Publicación

Boletín Oficial de Pontevedra

Obxecto

Estas subvencións están destinadas á edición en formato papel e a edicións audiovisuais, mixtas e noutros formatos especiais coma braille, que se editen durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2022, coa finalidade de colaborar na difusión de traballos en lingua galega considerados de interese para a permanencia, o recoñecemento e a identidade da cultura galega a través do tempo.

Beneficiarios

Poderán solicitar estas subvencións as entidades que reúnan os seguintes requisitos:

  1. Carecer de fins de lucro
  2. Ter domicilio social no ámbito territorial da provincia de Pontevedra ou excepcionalmente fóra deste sempre que traten sobre temas de interese para a provincia
  3. Non incorrer en ningún dos supostos de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas, de acordo co especificado no artigo 13 da LXS
  4. Estar ao corrente coas obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda autonómica e coa Seguridade Social e non ter débedas pendentes de pagamento coa Deputación
  5. Non ter obrigas nin xustificacións pendentes derivadas de subvencións concedidas pola Deputación
Voltar