Convocante
Consellería de Emprego e IgualdadePublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
O obxecto destas axudas é a realización de programas de actividades de promoción da igualdade ente mulleres e homes e de prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios e/ou ás familias, ANPAS e á comuni-dade educativa, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Beneficiarios
- Solicitude individual: poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta convoca-toria as asociacións de nais e pais de alumnado (ANPAS) dos centros educativos sustentados con fondos públicos que, con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes, estean legalmente constituídas e inscritas no rexistro de asociacións da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.
- Solicitude conxunta: tamén poderán ser entidades beneficiarias as federacións e confederacións de asociacións de nais e pais e a solicitude de dúas ou máis ANPAS que se agrupen para solicitar e xestionar conxuntamente as actuacións obxecto desta convocatoria que, con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes, estean legalmente constituídas e inscritas no rexistro de asociacións da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo. O requisito de constitución legal e de inscrición terá que ser acreditado por todas as entidades que se inclúan na modalidade conxunta.