Cajamar Caja Rural, a principal entidade financeira do sector cooperativo, é desde 2022 a nova aposta de Algalia para seguir aliñada coa súa filosofía de economía social, tamén na súa xestión financeira. O obxectivo de Algalia é manter cos seus provedores a mesma liña ética que cos seus clientes.
O modelo de banca cooperativa de Cajamar Caja Rural baséase na confianza entre as persoas, por iso Algalia sente en consonancia co propósito de Grupo Cajamar e aliñados cos seus valores para estender, á súa vez, esa relación de confianza aos clientes, provedores e, en xeral, a todas as persoas da súa contorna e ámbito de actuación.
O Grupo Cajamar está comprometido coa diversidade e a inclusión no ámbito laboral, e así o manifesta ao adherirse ao Charter da Diversidade da Unión Europea. Respecto a integración de persoas con discapacidade, conta cun 2% de presenza a nivel do Grupo para aquelas empresas con máis de 50 traballadores.