Convocante

Consellería de Emprego e Igualdade

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Estas subvencións teñen a finalidade de mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, a través da contratación de persoal técnico de orientación laboral para o exercicio 2022, no ámbito da colaboración da Consellería de Emprego e Igualdade coas entidades locais e entidades sen ánimo de lucro, como instrumento para promover a configuración dunha rede especializada na mellora da empregabilidade e ocupabilidade das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (código de procedemento TR331A).

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas :

  • As entidades locais, coa excepción das entidades de ámbito territorial provincial, ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha das anteriores, cuxa titularidade corresponda integramente a ela, sempre que por si soas ou asociadas entre concellos limítrofes teñan unha media de paro rexistrado no ano 2021 superior a 350 persoas ou formen parte dunha agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos limítrofes galegos (ou dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos).
  • As confederacións e asociacións empresariais e sindicais de Galicia, e as fundacións delas dependentes con experiencia na realización de accións de orientación laboral.
  • As seguintes entidades sen ánimo de lucro que realicen accións de orientación laboral de acordo co previsto nestas bases reguladoras:
    • Entidades especializadas en atención a persoas con discapacidade.
    • Entidades que teñan por obxecto a atención a un colectivo específico de persoas en determinadas situacións de exclusión social (por razóns étnicas, adiccións, exreclusos, etc.).
    • Entidades non incluídas nos 2 puntos anteriores que teñan entre as súas finalidades a atención a colectivos de persoas en risco de exclusión social ou situación de vulnerabilidade.

Todas estas entidades deberán xustificar e cuantificar a súa atención a un número significativo de persoas na dita situación.

Voltar