Convocante
Fundación EOIPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
Estas axudas de minimis teñen por obxecto o impulso da transformación dixital da industria española a través das empresas industriais.
As axudas en especie obxecto desta convocatoria consisten na recepción dun asesoramento especializado e individualizado que incluirá un diagnóstico da situación de partida da empresa beneficiaria e a elaboración dun plan de transformación dixital. O asesoramento prestarase a través de reunións individualizadas coas empresas beneficiarias e a realización de obradoiros temáticos e demostrativos de apoio ao asesoramento, cun mínimo de 50 horas de asesoramento individualizado.
Beneficiarios
Poderán ter a condición de empresas beneficiarias as empresas que teñan o seu domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica (xa sexan persoas físicas ou xurídicas, asociacións, entidades sen ánimo de lucro, etc.) que, na súa condición de tales, desenvolven ou van desenvolver unha actividade industrial produtiva.