Convocante
Deputación Provincial de PontevedraPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
O obxecto destas axudas é o fomento do asociacionismo feminino e o empoderamento das mulleres, e así favorecer a súa socialización con outras do seu contorno, a creación de redes e o intercambio de experiencias e sinerxías, onde estas manifesten as súas inquedanzas e preocupacións.
A través deste programa impulsarase a súa participación social e cultural e visibilizarase o traballo e o papel das distintas mulleres que participan no programa.
Beneficiarios
Este programa vai destinado a asociacións de mulleres e outras asociacións, federacións e fundacións sen fins de lucro da provincia de Pontevedra que teñan como obxectivo prioritario e ámbito de actuación a promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Quedan expresamente excluídas do ámbito do programa as solicitudes efectuadas por persoas particulares, empresas, concellos, comunidades de montes, clubs deportivos, centros educativos e ANPA.