Convocante
Consellería de Política SocialPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
A finalidade destas axudas é a realización de programas de interese xeral que atenden fins de carácter ocial con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia (código de procedemento BS623D).
O contido dos programas deberá axustarse ás liñas de actuación sinaladas a seguir, segundo a tipoloxía de cada programa:
- Liña I. Actuacións no ámbito da familia, infancia e dinamización demográfica.
- Liña II. Actuacións de inclusión social.ç
- Liña III. Actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio a persoas maiores ou con discapacidade.
- Liña IV. Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores ou con discapacidade.
- Liña V. Actuacións destinadas á xuventude.
- Liña VI. Actuacións destinadas ao voluntariado
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades do terceiro sector de acción social definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social, e a Cruz Vermella Española.