Convocante

Axencia Galega das Industrias Culturais

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para o fomento e a promoción de rodaxes audiovisuais que favorezan a recuperación económica do sector ao abeiro do programa Hub da Industria Creativa Galega para o ano 2021 e 2022 (código de procedemento CT207G).

Beneficiarios

Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (traballadoras autónomas) ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes e dadas de alta cunha antigüidade mínima, sen interrupcións, dun ano na epígrafe IAE 961.1, e con sucursal ou oficina permanente de polo menos un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE, ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.

Voltar