Convocante
Deputación Provincial de PontevedraPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
Estas bases teñen por obxecto regular as condicións polas que se rexerá a convocatoria pública, en réxime de concorrencia competitiva, da selección e distribución dun total de 400 bolsas de práctica laboral para persoas con titulación universitaria ou de FP entre empresas privadas, corporacións sectoriais (colexios profesionais, cámaras oficiais, confrarías, comunidades e federacións deportivas) ou organizacións non gobernamentais (asociacións sen ánimo de lucro) da provincia de Pontevedra, coa intención de lles proporcionar experiencia e a práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.
Beneficiarios
Nesta convocatoria poderán participar todas as empresas privadas, corporacións sectoriais (colexios profesionais, cámaras oficiais, confrarías, comunidades e federacións deportivas) ou organizacións non gobernamentais (asociacións sen ánimo de lucro) da provincia de Pontevedra que reúnan os seguintes requisitos:
- Dispoñer de capacidade técnica e de xestión suficiente para a execución dos proxectos formativos de práctica laboral solicitados
- Estar inscritas no rexistro público correspondente
- Ter a sede social ou centro de traballo na provincia de Pontevedra
- Asumir o compromiso de non extinguir contratos laborais vixentes da mesma titulación ou do persoal que veña realizando traballos similares aos que levará a cabo a persoa bolseira. Para este efecto poderáselle requirir á empresa ou entidade en calquera momento a documentación acreditativa do cumprimento deste requisito
- Non despedir de forma improcedente a ningunha persoa traballadora da mesma titulación ou que ocupe un posto similar nos seis meses anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes
- Deseñar un proxecto ou programa formativo de práctica laboral por medio do cal as persoas con titulación universitaria e os dos ciclos superiores de FP poidan adquirir competencias para o exercicio de actividades profesionais que faciliten a súa empregabilidade
- Estar relacionada a súa actividade coas titulacións solicitadas
- Dispoñer de persoal técnico cualificado que se encargue de exercer as funcións de titoría e asumir a formación práctica da bolseira ou bolseiro
- Dispor dos medios técnicos necesarios para que a persoa bolseira desempeñe as súas tarefas