Convocante

Consellería de Emprego e Igualdade

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Estas subvencións teñen por obxecto a recuperación de negocios en crise ou sen remuda xeracional, mediante fórmulas de economía social, destinadas a remediar a grave perturbación que na economía galega provocou o gromo de Covid-19 e a impulsar a actividade económica.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas as sociedades laborais e cooperativas, previstas no artigo 6 da Lei 6/2016, do 4 de maio, de economía social de Galicia, xurdidas de sociedades de capital, sociedades civís, asociacións que estivesen a desenvolver unha actividade económica ou persoas autónomas preexistentes, a través dun proceso de transformación encadrable nalgún dos procesos que se detallan no artigo 6 da orde.

Voltar