Convocante

Consellería de Emprego e Igualdade

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto  financiar a contratación, por parte das entidades sen ánimo de lucro, de mulleres que sofren violencia de xénero, ao abeiro do disposto na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, ata un máximo de doce (12) mensualidades para mellorar e facilitar a súa inserción laboral.

 

Beneficiarios

Poderán ser entidades beneficiarias da subvención prevista nesta resolución:

  • As entidades sen ánimo de lucro.
  • As cooperativas sen ánimo de lucro.
Voltar