Convocante
Consellería de Emprego e IgualdadePublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
A finalidade deste programa é xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres, as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego, mediante os seguintes tipos de axuda:
- Subvención á xeración de emprego estable.
- Subvención para a formación.
- Subvención para o inicio da actividade.
- Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas neste programa as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:
- Que sexan empresas de nova creación.
- Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
- Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
- Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotores non figure ningunha persoa xurídica.
- Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.
- Que, como mínimo, o 50 % do seu capital social sexa de titularidade das persoas promotoras e que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.