Convocante

Instituto Galego de Promoción Económica

Publicación

Diario Oficial de Galicia

Obxecto

Estas axudas  teñen por obxecto a posta en marcha de proxectos cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha peme galega e outras empresas ou entre dúas ou máis pemes galegas como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación ou procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor.

Beneficiarios

Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), calquera que foraa súa forma xurídica, e que teñan un centro de traballo en Galicia no cal se vaia realizar o proxecto.

Voltar