Convocante
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e XustizaPublicación
Diario Oficial de Galicia
Obxecto
O obxecto destas subvencións é a de promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas, subvencionando os gastos que comporta o seu establecemento como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, ou como socias traballadoras de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:
- As persoas galegas e nacidas en Galicia.
- Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nacidas en Galicia.