Convocante
Deputación Provincial de PontevedraPublicación
Boletín Oficial de Pontevedra
Obxecto
O obxecto destas subvencións é a dinamización da lingua galega co fin de potenciar o uso do noso idioma no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia que teñan repercusión social, e para as actividades que organicen as entidades culturais sen fins de lucro no seu termo municipal, que se realicen entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021 a través, entre outras, das seguintes accións:
a) Fomento da creación e difusión cultural en lingua galega
- Certames literarios e xornalísticos
- Creación audiovisual e literaria
- Feiras e eventos que promovan a creación en lingua galega
b) Sociolingüística e toponimia
- Estudos e publicacións sobre sociolingüística
- Xornadas e publicacións de recuperación da toponimia
c) Fomento do emprego do galego no comercio e na industria
- Xornadas, campañas e publicacións para a dinamización comercial en lingua galega
d) Recoñecementos e distincións
- Actividades, accións e publicacións relacionadas coa conmemoración do Día das Letras Galegas ou que recoñezan o labor de persoas ou colectivos que aposten polo galego
e) Obradoiros orientados a reforzar o traballo a prol do uso da lingua entre a veciñanza.
f) Producións de materiais en galego (documentación permanente, creativa ou publicitaria; revistas en papel e en formato electrónico, vocabularios, manuais; recursos para o lecer e xogos en galego, páxinas web; e outros) que teñan como fin introducir ou estender o uso da lingua nalgún eido.
Beneficiarios
Poderán solicitar estas subvencións as entidades culturais que reúnan os seguintes requisitos:
- Carecer de fins de lucro (feito que se debe acreditar cunha declaración responsable da persoa representante)
- Desenvolver as súas actividades no ámbito territorial da provincia de Pontevedra ou, excepcionalmente, fóra deste ámbito cando versen sobre temas de interese para a provincia
- Non estar incursas en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para
percibir subvencións públicas - Non estar incursas nalgunha das prohibicións para percibir subvencións recollidas na lei
- Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal Tributaria, coa Facenda autonómica, coa Seguridade Social e coa Deputación de Pontevedra.